Falece Lara, a nena de 5 anos de Vila de Cruces que padecía un tumor cerebral
- ecosdacomarca

- 27 oct
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
Vila de Cruces espertaba hoxe, luns 27 de outubro, coa peor das noticias. Esas novas que non che gustan dar, e que pensas que oxalá non sexa certo... Pero por desgraza, foi confirmada por fontes oficiais. Nas últimas horas faleceu Lara, a nena de Vila de Cruces que padecía un tumor cerebral e que pola que hai uns días se lanzou unha campaña para poder axudala.

Dende ECOS DA COMARCA non temos palabras. Só desexarlles toda a forza do mundo para os seus seres queridos. D.E.P. Lara.
Publicidade
NOTICIA RELACIONADA:
Axuda a Lara, unha nena de cinco anos de Vila de Cruces, que padece un tumor cerebral: https://www.ecosdacomarca.com/post/axuda-a-lara-unha-nena-de-cinco-anos-que-padece-un-tumor-cerebral







Comentarios