top of page

Axuda a Lara, unha nena de cinco anos de Vila de Cruces, que padece un tumor cerebral

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

A pasada semana o Concello de Vila de Cruces facía público o seu apoio e cariño á familia de Lara, unha nena de tan só 5 anos, veciña deste municipio, diagnosticada con DIPG, un tumor cerebral infantil moi agresivo para o que, a día de hoxe, non existe cura. Está aberta unha campaña para poder axudarlle.

ree

"A única esperanza de Lara é participar nun ensaio clínico pioneiro en Navarra, baseado en virus oncolíticos e financiado pola Fundación Álvarez Muelas, que impulsa a investigación e dá unha oportunidade real a nenos e nenas que loitan contra esta enfermidade. Esta fundación precisa da axuda de todas e todos nós para continuar financiando este proxecto que pode cambiar vidas. Podes colaborar facendo unha doazón aquí:  https://www.fundacionmartin.org/donar/", explica o Concello.


Ademais, dende o Concello cruceño lembran "que as túas doazóns son deducibles en Facenda: por exemplo, se doas 100€, na túa declaración da renda poderás recuperar ata 80€. Cada achega conta.  Comparte esta mensaxe: dar visibilidade tamén é unha forma de axudar. Cantas máis persoas coñezan esta historia, máis forza terá esta causa. Por Lara, e por todos os nenos e nenas que merecen un futuro".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A familia, tal e como lle trasladou a este medio na fin de semana, está moi agradecida coa repercusión e difusión que se está facendo, pero indica, tal e como aclara tamén o Concello, que as doazóns deben facerse directamente á Fundación. "Queremos aclarar que, por vontade da familia, as doazóns non son para Lara directamente, senón para financiar a investigación dun tratamento que podería ofrecer unha nova oportunidade a ela e a outros 39 nenos e nenas que padecen a mesma enfermidade. Por iso é moi importante que as doazóns se realicen a través da Fundación Álvarez Muelas, entidade que impulsa o proxecto de investigación e garante que os fondos se destinen integramente ao ensaio clínico", sinala o Concello.


Como podemos axudar para loitar contra esta enfermidade?

  • Podes colaborar a través das seguintes canles:

  •   Número de conta: ES87 2100 8250 4002 0004 9892

  •  Bizum: 08586


"O Concello e a familia de Lara agradecemos profundamente a acollida, o agarimo e a difusión que está a recibir esta causa. Grazas pola vosa solidariedade".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page