Varios centros educativos de Galicia reciben ameazas de bomba
Ecos da Comarca/Xeral
A xornada deste mércores está marcada pola preocupación en distintos centros educativos de Galicia tras recibir varias ameazas de bomba que alertaban da suposta presenza de artefactos explosivos nas súas instalacións.

Na Coruña, a Policía Nacional procedeu ao desaloxo preventivo de centros educativos como os colexios Compañía de María e CEIP Zalaeta despois de recibir comunicacións que advertían da posible colocación de explosivos. Ata os centros desprazáronse varias patrullas policiais e unidades especializadas con guías caninos para inspeccionar os edificios e comprobar que non existise ningún perigo. Fálase de polos menos unha vintena de centros da Coruña.
As primeiras investigacións apuntan a que podería tratarse de falsas alarmas, aínda que os axentes mantiveron activados os protocolos de seguridade mentres se realizaban as comprobacións.
PUBLICIDADE
A alerta estendeuse tamén á cidade de Lugo. O IES Sanxillao tivo que ser desaloxado arredor das 13:00 horas deste mércores tras recibir un correo electrónico no que se advertía dunha ameaza de bomba. A dirección do centro comunicou os feitos á Policía e decidiu evacuar o alumnado por precaución.
Ademais, durante a mañá tamén se recibiron chamadas telefónicas e correos electrónicos con ameazas similares noutros centros educativos como de Vigo, Viveiro, A Baña ou Monforte.
PUBLICIDADE
As forzas de seguridade investigan a orixe destas comunicacións e tratan de esclarecer quen está detrás dos avisos.
A situación permanece pendente das comprobacións policiais nos centros afectados.









Comentarios