top of page

A Garda Civil investiga varios roubos en vivendas particulares da zona de Arzúa

hace 3 horas
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Arzúa

Nos últimos días rexistráronse varios roubos en vivendas particulares da zona de Arzúa, uns feitos que están a ser investigados pola Garda Civil.

Segundo informou hoxe a Oficina de Prensa da Comandancia da Coruña, a investigación permanece aberta co obxectivo de esclarecer as circunstancias nas que se produciron os roubos e identificar as persoas responsables.

 PUBLICIDADE

Estes sucesos están a xerar preocupación entre a veciñanza e volven poñer sobre a mesa a cuestión da seguridade nas zonas rurais do municipio, onde a dispersión das vivendas pode incrementar a sensación de vulnerabilidade ante este tipo de delitos.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Polo momento, non transcenderon máis detalles sobre os roubos nin sobre posibles persoas identificadas no marco da investigación.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
32941502-7315-4b45-bdb2-1e2337015ba2.jfif

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page