top of page

Dous bois dunha explotación de Arzúa baten todos os récords de prezo na Central Agropecuaria de Silleda

hace 11 horas
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Silleda/Arzúa

A Central Agropecuaria de Galicia Abanca de Silleda rexistrou onte récord por partida dobre en canto ao maior prezo pagado na historia deste mercado por un exemplar. O animal que se sitúa agora como o de maior cotización neste mercado é un boi mestizo nacido en setembro do ano 2022 e propiedade dunha explotación de Arzúa, o cal foi adquirido por 10.939€ por Carnes Viana, de Ourense.

O que se sitúa en segundo lugar, pero que tamén supera o prezo récord ata hoxe, é un boi mestizo nacido en marzo do ano 2022, pertencente á mesma explotación e adquirido polo mesmo comprador por 10.636€.

 PUBLICIDADE

Ambas cifras superan a cantidade do animal que ata este martes ostentaba o maior prezo acadado por un exemplar na Central, un boi de raza Frisona que fora adquirido por 10.521€ o pasado 29 de setembro.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

COTIZACIÓNS DESTE MARTES 17 NOVEMBRO 2026:


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
32941502-7315-4b45-bdb2-1e2337015ba2.jfif

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page