top of page

Unha saída de vía en Silleda deixa unha persoa ferida e require a intervención dos Bombeiros de Deza

hace 9 horas
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Silleda

Este xoves produciuse un accidente de tráfico no municipio de Silleda. O 112 Galicia foi alertado ás 12:29 horas. O mesmo saldouse cunha persoa ferida.

O accidente de hoxe. Autor: Bombeiros de Deza.
O accidente de hoxe. Autor: Bombeiros de Deza.

Tal e como informa o 112 Galicia tratouse dunha saída de vía na N 525 á altura do quilómetro 307 na parroquia de Negreiros. O coche quedou medio envorcado.


O vehículo no que viaxaba a persoa saíuse da vía e quedou envorcado lateralmente. Para poder sacala do interior, desde o 112 Galicia, solicitouse a intervención dos Bombeiros de Deza, que abateron os asentos e utilizaron o portón traseiro para extraer á condutora.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A muller estivo en todo momento consciente, orientada e sen feridas visibles. Igualmente, foi atendida polo equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Alén de bombeiros e sanitarios, ao lugar dos feitos acudiu unha patrulla da Garda Civil de Tráfico e persoal de limpeza e mantemento da vía.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page