top of page

"O basket para min foi unha escola de vida, marchei xoven de casa e o baloncesto ensinoume a vivir"

hace 19 horas
3 min de lectura

"Os obxectivos desta escola de baloncesto en Touro son os de promover a práctica deportiva e os seus valores, que están plenamente representados no deporte da canastra"


Andrés Cadahía.
Andrés Cadahía.

ENTREVISTA A ANDRÉS CADAHÍA MÉNDEZ, ADESTRADOR DE BALONCESTO QUE ADEMAIS FOI XOGADOR PROFESIONAL E QUE IMPARTIRÁ CLASES DESTE DEPORTE EN TOURO



Laura Moure/Touro

Andrés Cadahía Méndez leva 25 anos dedicado ao baloncesto como adestrador, despois dunha etapa como xogador profesional. Agora afronta un novo reto coa mirada posta na comarca: recuperar a tradición do baloncesto e achegar este deporte ás novas xeracións a través das actividades extraescolares que promove o Concello de Touro. Falamos con el sobre a súa traxectoria, este novo proxecto e o futuro do baloncesto na comarca


1. Andrés, que o levou a interesarse por recuperar o baloncesto en Touro?

O que me leva a interesarme polo baloncesto en Touro é que son novo veciño do lugar.


2. Como nace a idea de poñer en marcha esta escola de baloncesto?

A idea da posta en marcha da escola de baloncesto parte dunha conversa entre a miña moza e o concelleiro Darío Rey.


3. Que lle trasladou o Concello de Touro sobre o proxecto e que interese percibe por parte da institución?

O concello quere seguir achegando o deporte a xente, o seu interese é moi grande, fan un

gran esforzo pola actividade.


4. Por que considera que este é un bo momento para recuperar o baloncesto na comarca?

Calquera momento é bo para facer deporte, fai bastante tempo que na comarca non hai

baloncesto.


5. Que obxectivos se marcan con esta escola de baloncesto?

Os obxectivos desta escola son os de promover a práctica deportiva e os seus valores, que están plenamente representados no deporte da canastra.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

6. A quen estaría dirixida? Que idades poderían participar?

A escola está dirixida a tódolos nenos e nenas de primaria e secundaria. De 7 a 16 anos.


7. Están pensando nunha escola exclusivamente para nenos e nenas de Touro ou tamén aberta a outros concellos das comarcas?

E unha escola aberta a outros concellos da comarca.


8. Cando serían as clases e ata cando se poden anotar e onde? 

Os entrenos serán o luns e o xoves. Toda a información esta disponible na páxina web do


9. Gustaríalles que, co tempo, a escola puidese dar lugar a equipos federados e competición oficial?

Sería un soño que co tempo poidese haber equipos federados e competicións.


10. Que pode achegar unha escola de baloncesto a un concello como Touro?

A escola de baloncesto incrementa a oferta deportiva do concello, fai cos nenos e nenas socializen e compartan, ensina a traballar en grupo.


11. Cre que no rural existen nenos e nenas con interese polo baloncesto pero que non teñen preto unha oferta deportiva deste tipo?

Coido que o baloncesto gústalle a tódos, no rural e na cidade, so hai que facelo visible.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

12. Vostede foi xogador profesional e leva 25 anos como adestrador. Que lle ensinou o baloncesto ao longo de todos estes anos?

O basket para min foi unha escola de vida, marchei xoven de casa e o baloncesto ensinoume a vivir.


13. Que lle gustaría transmitir agora aos nenos e nenas que se acheguen por primeira vez a este deporte?

Gustaríame decirlle a os nenos e nenas que van a divertirse aprendendo un montón de

cousas, e van a pasar un rato moi agradable facendo novas amizades.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page