Retencións en Melide por un camión portavehículos que quedou obstaculizado na rotonda do centro
Ecos da Comarca/Melide
Un camión portavehículos está a provocar retencións no tráfico no casco urbano de Melide desde arredor das 18:15 horas deste xoves, tal e como nos informan seguidores.

O vehículo, debido ás súas dimensións, quedou obstaculizado ao realizar a manobra na rotonda do centro da localidade, dificultando a circulación do resto de vehículos pola zona.
PUBLICIDADE
A situación está a xerar retencións e complicacións no tráfico, polo que se recomenda circular con precaución.
PUBLICIDADE
Cabe mencionar que trátase dunha rotonda de reducidas dimensións, polo que este tipo de vehículos de gran tamaño teñen especiais dificultades para realizar determinadas manobras nela.









Comentarios