Unha persoa quédalle atrapado un brazo nunha máquina de esfollar millo en Lalín
Ecos da Comarca/Lalín
Preto das oito da tarde de onte, luns, o 112 Galicia recibíu unha chamada alertando dun accidente cunha maquinaria agrícola no municipio de Lalín.

Tal e como informa o 112, o suceso ocorreu na parroquia lalinense de Catasós. Un particular alertaba de que unha persoa lle quedara un brazo atrapado nunha máquina de esfollar o millo.
PUBLICIDADE
A vítima foi liberada pouco despois polos propios particulares, antes da intervención dos servizos de emerxencias.
PUBLICIDADE
O 112 Galicia avisou a Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Deza e a Emerxencias Lalín.









Comentarios