top of page

A Xunta destaca en Silleda o potencial do rural de Galicia para o emprendemento ligado ao territorio

hace 7 minutos
1 min de lectura

Laura Moure/Silleda

A secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais, Susana Pérez Iglesias, acompañada pola directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Vázquez Guzmán, e o delegado da Xunta en Pontevedra, Pablo Fernández, visitaron onte El Palomar, espazo da Fundación Roberto Rivas a prol da innovación e a dinamización das contornas rurais.

Alí puxo de relevo o potencial de Galicia como terra de oportunidades para emprender tal e como reflicten os proxectos atendidos nas 15 oficinas da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego.

. PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Neste campo, salientou especialmente o valor do rural para impulsar proxectos como, por exemplo, os que forman parte de iniciativas de coliving como Anceu, (Ponte Caldelas), Sende (Lobeira, Ourense) e iSlow, Laxe (A Coruña). Tamén destacou a rede de colaboración público-privada Ultreia, á que onte se adheriu El Palomar e que ten como fin compartir recursos e xerar sinerxías no ecosistema emprendedor galego.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Este proxecto parte da rehabilitación dunha antiga casa de labranza, que conserva os elementos construtivos orixinais e incorpora solucións de alta eficiencia enerxética. Neste sentido, Susana Pérez Iglesias definiu este espazo como un nodo de conexión co territorio, o tecido empresarial e a sociedade.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page