top of page

O piloto silledense Christian Costoya será recoñecido como mellor deportista revelación masculino

hace 11 minutos
2 min de lectura

Os Premios Deporte Galego 2025 recoñecerán unha vintena de persoas e entidades do ámbito deportivo de Galicia en 18 categorías


Laura Moure/Silleda

Os Premios Deporte Galego 2025 recoñecerán unha vintena de persoas e entidades do ámbito deportivo de Galicia en 18 categorías. A Xunta impulsa estes galardóns concedidos a persoas deportistas, equipos, entidades e profesionais máis destacados do deporte galego durante o pasado ano 2025. Esta edición conta con 18 categorías que abranguen diferentes ámbitos da actividade deportiva, desde os resultados de alto nivel ata a promoción do deporte de base, a inclusión e o fomento da actividade física e dos hábitos de vida activa.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Por unha parte os Premios Deporte Galego 2025 distinguirán a atleta Ana Peleteiro como mellor deportista en categoría feminina e ao piragüista Jaime Duro na masculina.

Canto aos mellores deportistas con discapacidade na categoría feminina o galardón recaerá na triatleta Susana Rodríguez Gacio e na masculina no piragüista Nicolás Martínez. Ademais, o equipo genuine do Racing Club Villalbés recibirá a distinción como equipo de deportistas con discapacidade.

Christian Costoya
Christian Costoya

Pola súa parte, a baloncestista Inés Sotelo e o piloto de automobilismo de Silleda Christian Costoya serán recoñecidos como mellor deportista revelación feminina e masculino.

No caso dos equipos, o Club Balonmán Porriño será distinguido como mellor equipo feminino e o Real Club Celta de Vigo como mellor equipo masculino.


A convocatoria inclúe ademais categorías para recoñecer o traballo do resto de axentes vinculados ao deporte, con premios ao mellor adestrador/a para Claudio Giráldez, polo seu traballo á fronte do Real Club Celta de Vigo; ao mellor árbitro/a ou xuíz/a para Zeltia García, xuíz de ximnasia; ao mellor labor informativo para o comunicador Terio Carrera; ao mellor evento deportivo para a proba ciclista O Gran Camiño; a Pescamar na categoría de patrocinio deportivo; ao piragüista Martín Jácome e á Federación Galega de Balonmán na de xogo limpo e á Agrupación Deportiva Baixo Miño na de entidade na promoción do deporte base.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Tamén se conceden tres Premios Galicia Saudable, que distinguirán unha entidade de carácter público (o Concello de Pastoriza polas súas escolas deportivas municipais), outra privada (a asociación deportiva e cultural Bolboretas A Coruña Dragon Boat BCS)  e unha terceira educativa (o Centro Público Integrado Dr López Suárez de Friol) polo seu labor de fomento e promoción da actividade física e dos hábitos de vida activa.


As persoas e entidades galardoadas recibirán o recoñecemento durante a gala de entrega de premios, que se celebrará o vindeiro 29 de outubro en Lugo.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page