Forno destaca a execución do novo paso de peóns da Corredoira que dá resposta ás demandas dos veciños
A candidata á Alcaldía de Lalín xestionou a esta actuación a través da Subdelegación do Goberno
Ecos da Comarca/Lalín
A candidata á Alcaldía de Lalín, Alba Forno, destacou o inicio dos traballos para habilitar un novo paso de peóns na rúa da Corredoira, na N-525, unha actuación demandada desde hai tempo pola veciñanza e especialmente polas familias dos escolares que utilizan a parada de autobús situada nesta zona.

Forno, que visitou a zona para comprobar o desenvolvemento dos traballos, puxo en valor que esta mellora sexa xa unha realidade tras as xestións que realizou a través do subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losaa, para trasladar a petición das familias á Demarcación de Carreteras do Estadodo Ministerio de Transportes.
A candidata explicou que a Demarcación estudou distintas localizacións e trasladou a súa disposición a sinalizar o novo paso de peóns, condicionado á adecuación das beirarrúas e á adopción de medidas para garantir a visibilidade dos vehículos e dos peóns. Unha vez realizadas as actuacións municipais necesarias, púidose avanzar na execución desta mellora.
PUBLICIDADE
“É unha actuación sinxela, pero moi importante para as familias que viven aquí e, sobre todo, para a seguridade dos nenos e nenas que cada día teñen que cruzar esta estrada para coller o autobús escolar. Levaban tempo reclamando unha solución e hoxe vemos que, cando se escoita á veciñanza e se fan as xestións necesarias, as cousas saen adiante”, sinala Alba Forno.
PUBLICIDADE
A socialista agradece a implicación das familias e a colaboración do subdelegado do Goberno para facer posible esta actuación, que contribuirá a mellorar a seguridade viaria nunha zona de moito tráfico e especialmente sensible pola presenza de escolares.









Comentarios