top of page

Unha persoa queda atrapada nun turismo logo de bater con outro na Laracha

Ecos da Comarca/Xeral

O accidente produciuse uns minutos antes das tres desta tarde na AC-552, ao paso por Torás, na Laracha.


Como consecuencia do impacto -unha colisión frontal-, un dos ocupantes quedou atrapado no interior dun dos coches e necesitou a axuda dos bombeiros para liberarse.

Accidente hoxe. Fonte: Bombeiros de Carballo
Accidente hoxe. Fonte: Bombeiros de Carballo

Pola súa banda, o outro condutor puido saír polos seus propios medios, pero, igualmente, precisou asistencia médica. En total, foron dúas as persoas trasladadas debido ás lesións provocadas polo accidente.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Deste xeito, ademais dos Bombeiros de Carballo e os voluntarios de Protección Civil da localidade, desde o 112 Galicia, solicitouse a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que efectuaron a evacuación dos feridos ao centro hospitalario de referencia.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Tamén interviñeron os axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local e o persoal de limpeza e mantemento da vía, que se ocupou de retirar os restos e restablecer as condicións de seguridade.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

 
 
 

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page