top of page

O BNG organiza en Palas unha charla mañá sobre as farmacias de garda

hace 12 minutos
1 min de lectura

Montse Prado e Rubén Lois abordarán os problemas que provocan as gardas farmacéuticas afastadas dos PAC e as propostas do BNG para garantir a continuidade da atención sanitaria


Ecos da Comarca/Palas de Rei

O BNG de Palas de Rei organiza este mércores 23 de setembro, ás 20:30 horas na Casa da Cultura, a charla “Apertura das farmacias de garda e o dereito a unha saúde integral”, na que participarán Montse Prado, portavoz de Sanidade do BNG no Parlamento galego, e Rubén Lois, responsable local do BNG.

O encontro abordará os problemas que está a provocar no rural o actual sistema de quendas das farmacias de garda, que pode obrigar as persoas que acoden a un Punto de Atención Continuada a realizar posteriormente desprazamentos de varios quilómetros para conseguir a medicación que lles acaba de ser prescrita.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O BNG defende que a organización das gardas debe garantir a continuidade entre a atención sanitaria e a dispensación dos medicamentos, evitando especialmente no rural percorridos innecesarios que afectan con maior intensidade ás persoas maiores ou a quen non dispón de vehículo propio.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Durante a charla, Montse Prado explicará as iniciativas impulsadas polo BNG no Parlamento galego para que haxa unha farmacia de garda na localidade na que estea situado un PAC ou un servizo de urxencias, mentres que Rubén Lois abordará esta problemática desde a realidade de Palas de Rei e da comarca.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page