Unha persoa ferida nun accidente en Rodeiro
- ecosdacomarca
- hace 4 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Rodeiro
Este xoves rexistrouse un accidente de tráfico no municipio de Rodeiro. No mesmo viuse implicado un único vehículo e saldouse cunha persoa ferida, tal e como informa o 112 Galicia.

Este foi alertado ás 16:55 horas. "Tratouse dunha saída de vía na estrada EP 6201 á altura do quilómentro 2, na parroquia de Río. Nun primeiro momento, pensábase que había alguén atrapado, pero finalmente non foi así", informa o 112.
Ademais indica que o condutor, e único ocupante, tivo que ser trasladado para recibir asistencia sanitaria, pero en principio, ía ferido leve.
Publicidade
Foi mobilizada unha ambulancia do 061 e tamén se informaron ao Bombeiros de Chantada e de Deza, aos GES de Lalín e de Monterroso, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil.
NOTICIA RELACIONADA:
Silleda acollerá o 17 de maio a segunda edición do Rallysprint: https://www.ecosdacomarca.com/post/silleda-acoller%C3%A1-o-17-de-maio-a-segunda-edici%C3%B3n-do-rallysprint
Restriccións de tráfico en Silleda a causa da celebración o 17 de maio do II Rallysprint: https://www.ecosdacomarca.com/post/restricci%C3%B3ns-de-tr%C3%A1fico-en-silleda-a-causa-da-celebraci%C3%B3n-o-17-de-maio-do-ii-rallysprint
Comentários