top of page

Unha persoa ferida nun accidente en Agolada

Ecos da Comarca/Agolada

Foto de arquivo. Autor: Ecos da Comarca.

Este martes produciuse un accidente de tráfico en Agolada. No mesmo viuse implicado un único vehículo e saldouse cunha persoa ferida. O 112 Galicia foi alertado por un particular ás 7:32 horas.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Tal e como informa o 112 tratouse dunha saída de vía na N-640 á altura do quilómetro 150. "Cando nos chamou este particular, indicábanos que o accidente se produciu nunha curva con pouca visibilidade e que unha persoa estaba ferida. Despois os profesionais sanitarios xa nos informaron que efectivamente esa persoa tivo que ser trasladada e que o vehículo non obstaculizaba a circulación".


Ademais de Urxencias Sanitarias, o 112 avisou á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil.

留言


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page