Unha persoa ferida nun accidente de tráfico no Pino
- ecosdacomarca
- hace 3 días
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/O Pino
Onte, venres, pola tarde tivo lugar un accidente de tráfico no concello do Pino. No mesmo viuse implicado un único vehículo e saldouse cunha persoa ferida. O 112 Galicia foi alertado ás 20:05 horas.

Publicidade
Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros do Parque Provincial de Arzúa. Tal e como informan os propios bombeiros, o sinistro, no que se viu implicado un único coche, ocorreu preto do campo de fútbol de Arca, O Pino.
Publicidade
"A condutora estaba ferida e foi trasladada, pero non estaba atrapada. Nós fixemos limpeza de vía", indican os bombeiros.
Comentarios