top of page

Unha persoa falece ao envorcar o tractor que manexaba en Vila de Cruces

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

O accidente tivo lugar en Vilar


Ecos da Comarca/Deza

Unha persoa perdeu a vida a pasada tarde despois de que o tractor que estaba a manexar envorcase no lugar de Vilar, en Vila de Cruces.


Os feitos sucederon moi preto das oito e media. Foi, nese momento, cando unha persoa particular contactou co 112 Galicia para dar conta do accidente.


Acto seguido, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos axentes da Garda Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Ambulancia. Fonte: Ecos da Comarca

Ademais, o persoal de Emerxencias 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento dos Bombeiros do Deza e do GES de Lalín.

Xa no lugar do sinistro, os servizos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida á persoa accidentada.


0 comentarios

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page