top of page

"Unha obra peregrina máis para Dozón", sinala o BNG

Valora a visita da dirección e a xerencia de Turismo de Galiza a Dozón que pretende adaptar a reitoral da igrexa de San Salvador da O como albergue a petición do alcalde


Ecos da Comarca/Dozón

"A dirección e a xerencia de Turismo de Galicia veñen a Dozón para proxectar e tratar

de servir un novo albergue no municipio. A Xunta de Galiza presenta ao Alcalde de Dozón unha obra cun servizo necesario máis o seu futuro a medio e longo prazo non se ve claro. Xa non é tan seguro que se manteña como tal no tempo dito servizo. Coñecendo a xestión de anos atrás demostrOuse que a atención deste servizo foi nula, de abandono absoluto", recalca o BNG, que tilda esta actuación "dunha obra peregrina máis para Dozón".

"As anteriores obras para albergar a peregrinación ao seu paso pola localidade foron uns

servizos pasaxeiros. Ata tal punto que só chegaron a existir coma un mero anuncio sen ser realidade, para sorpresa daqueles que quixesen ter un lugar de descanso no camiño. Unha lamentábel xestión na que os fondos público desaparecen sen servir realmente para atender a demanda turística municipal. A política de gastar por gastar do Partido Popular

non leva a ningures. É un absoluto dispendio de recursos públicos".


Unha cuestión máis a tratar, apunta o Bloque, é sobre a reitoral da parroquia de San Salvador, da O. "Preténdese adaptar e usar como albergue sen coñecer quen e o titular do inmoble? É xa do Concello de Dozón ou da propia Xunta de Galiza? Como se traspasou dita propiedade? A Igrexa tena en propiedade ou é comunal, dos veciños do Castro? É público ou privado o edificio? Un anuncio que se mantén no ar sen asentar e aclarar moitos detalles. Se se vai arranxar con cartos públicos o normal é que sexa pública dita propiedade e non andar gastando cartos en reformas de propiedades que non xestiona a Alcaldía. O antigo albergue está en desuso. Un edificio captador de fondos públicos para abranguer lucros sen dar servizo público algún. Vese como caixón desastre da incapacidade dun goberno que é alleo á cidadanía. Agora xa non pode adaptarse como albergue?", pregúntase.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Dende o BNG subliñan que "non estamos en contra de dar un servizo axeitado e de calidade cara o novo Xacobeo do 2027. Queremos que se manteña no tempo e non estee unicamente condicionado pola campaña turística do momento. Non pode servir só para o beneficio de quen leve a licitación do proxecto para a súa construción como estivo acontecendo ata o de agora. Compre unha resposta real por parte da Xunta de Galiza e do propio Concello de Dozón que garantan un servizo mais alá do seguinte Xacobeo. Que non quede nun proxecto peregrino máis, nunha nova obra baleira de atención pública. O servizo debe consolidarse e manterse no tempo".


NOTICIA RELACIONADA:


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page