top of page

Unha furgoneta sufre unha saída de vía na parroquia lalinense de Prado

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Lalín

Foto de arquivo.

Esta mañá produciuse un accidente en Lalín no que se viu afectado unha furgoneta. O 112 Galicia foi alertado por un particular ás 12:12 horas.

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

"Foi unha saída de vía dunha furgoneta na estrada EP-6004, en Prado", informa o 112. "O particular indicábanos que era xunto a ponte do río Asneiro e que dado o golpe, podía haber alguén ferido".

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Con estes datos, o 112 Galicia avisou a Urxencias Sanitarias, aos GES e Protección Civil de Lalín, á Policía Local, á Garda Civil de Tráfico e ao Servizo de Mantemento de Estradas. Non transcenderon máis datos.


Cabe destacar que non foi o único accidente rexistrado hoxe en Lalín, xa que escasos minutos despois (ás 12:20 horas) tiña lugar outra saída de vía en Cadrón. Máis datos deste accidente no enlace: https://www.ecosdacomarca.com/post/sa%C3%ADda-de-v%C3%ADa-na-parroquia-lalinense-de-cadr%C3%B3n



Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page