top of page

Saída de vía na parroquia lalinense de Cadrón


Ecos da Comarca/Lalín

Foto de arquivo.

O 112 Galicia foi alertado por un particular ás 12:20 horas por un accidente na parroquia lalinense de Cadrón.

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

"Foi unha saída de vía dun vehículo na N-640 á altura do quilómetro 153 aproximadamente, en Cadrón", informa o 112 Galicia. "O alertante indicábanos que o vehículo non obstruía a circulación e que era probable que os ocupantes precisasen asistencia sanitaria".

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Con estes datos, o 112 Galicia avisou a Urxencias Sanitarias, aos GES e Protección Civil de Lalín, á Policía Local, á Garda Civil de Tráfico e ao Servizo de Mantemento de Estradas.


Cabe destacar que non foi o único accidente rexistrado hoxe en Lalín, xa que escasos minutos antes (ás 12:12 horas) tiña lugar outra saída de vía en Prado. Máis datos deste accidente no enlace: https://www.ecosdacomarca.com/post/unha-furgoneta-sufre-unha-sa%C3%ADda-de-v%C3%ADa-na-parroquia-lalinense-de-prado


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page