top of page

Un veciño de Cruces colide co seu coche cun peregrino en bicicleta en Melide

Ecos da Comarca/Melide/Cruces

Este xoves produciuse un accidente de tráfico no municipio de Melide. No mesmo víronse implicados un coche e unha bicicleta e saldouse con dúas persoas feridas. O 112 Galicia foi alertado ás 12 horas.

O accidente de hoxe en Santa María de Melide. C.D.
O accidente de hoxe en Santa María de Melide. C.D.

Tal e como informan fontes oficiais, o coche, no que viaxaba un veciño de Vila de Cruces, saía da rúa que dá acceso ao tanatorio e ao albergue de peregrinos (fronte ao cruce de Santa María) e incorporábase á N-547 dirección Lugo. Nese momento, un peregrino circulaba coa súa bicicleta por este vial dirección Santiago e acabaron colidindo.

O peregrino impactou contra a porta do coche. C.D.
O peregrino impactou contra a porta do coche. C.D.

O peregrino, un home duns 60 anos de Girona, foi trasladado en ambulancia ao centro hospitalario de Santiago.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

O veciño de Cruces, que sangraba por un oído, foi trasladado primeiro ao PAC de Melide e seguidamente, foi polos seus medios a outro centro sanitario de Compostela.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Ata o lugar desprazáronse Urxencias Sanitarias, Protección Civil de Melide e a Policía Local.


Cabe mencionar que a veciñanza de Santa María leva anos reivindincando solucións, como a construción dunha rotonda, debido á falta de seguridade e á gran cantidade de accidentes que se rexistran neste punto.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page