top of page

Un veciño de Toques denuncia o roubo dun remolque de transporte de gando que estaba en Agolada

9 dic 2022
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Agolada

Un veciño de Toques denuncia o roubo dun remolque de transporte de gando no lugar de Reboredo, en Agolada. Este estaba no exterior, pero dentro do recinto da súa granxa situada neste sitio da parroquia de Borraxeiros.

Foto de arquivo. Fonte: Guardia Civil Pontevedra.

Tal e como sinalan o remolque quedaba no lugar este martes, día 6, pola noite e cando chegaron ao día seguinte xa non estaba. "É un carrito de transportar gando dos máis grandes que hai de matrícula vermella e que ten unha lona de cor azul", indican e piden difusión por se alguén pode dar algunha pista do seu paradoiro.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

O afectado xa interpuxo denuncia no cuartel da Garda Civil. Calqueira pista poden contactar coa Garda Civil ou con ECOS DA COMARCA a través do noso correo ecosdacomarca@gmail.com

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page