Ecos da Comarca/Melide/Palas de Rei
Esta mañá informabamos da desaparición de Miguel Ángel Vázquez Ouro, duns 50 anos veciño de Melide e oriúndo de Palas de Rei. Saíu da súa vivenda de Melide onte, mércores 15 de novembro, a media tarde, e estaba en paradoiro descoñecido. Por desgranza, ao mediodía deste xoves o seu corpo foi atopado sen vida por un veciño.
Apareceu xunto ao seu coche, fóra deste, nunha pista do lugar de Tallos, na parroquia palense de Cuíña. Este lugar está situado a uns cinco quilómetros de Felpós, onde está a súa casa natal e a onde se dirixía este mércores para levarlles comida a seus pais.
Publicidade
Dende onte, ás 23 horas, estaba activo un operativo de búsqueda no que participaron Protección Civil de Palas de Rei e de Melide e a Garda Civil de Melide, Palas de Rei, Boimorto e Guntín e xa estaban solicitados máis medios.
Esta mañá a búsqueda centrouse nas parroquias palenses do Carballal, Moredo e Felpós e por Vilouriz, en Toques, ata que o veciño que ía paseando deu co seu paradoiro. ECOS DA COMARCA dixiriámonos cara os lugares da búsqueda, cando uns minutos antes das 13:00 horas, nos comunicaron que aparecera sen vida.
Publicidade
Cando chegamos ao lugar, alí estaba Protección Civil de Palas, a Garda Civil de Lugo e Palas e tempo despois tamén chegou a de Melide. Tamén se desprazou o alcalde do municipio, Pablo Taboada. E sobre unha hora despois chegou o coche fúnebre.
De momento, non se poden confirmar as causas da morte.
O noso máis sentido pésame aos seus seres queridos. D.E.P.
Noticia da desaparición: https://www.ecosdacomarca.com/post/buscan-a-miguel-%C3%A1ngel-v%C3%A1zquez-ouro-veci%C3%B1o-de-melide-e-ori%C3%BAndo-de-palas-que-falta-dende-onte
Comments