top of page

Un operario faleceu e outro quedou ferido en Chantada

Ecos da Comarca/Xeral

Un operario perdeu a vida e outro resultou ferido este mediodía nun suceso ocorrido na estrada LU-617, á altura de San Fiz de Asma, no municipio lucense de Chantada.

O 112 Galicia recibiu o aviso ás 12:25 horas a través da chamada dun particular, que solicitaba asistencia sanitaria urxente para unha persoa que caera desde certa altura.


Publicidade


Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

De inmediato, desde o 112 Galicia alertouse aos profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade.


Unha vez no punto, os equipos de emerxencia comprobaron que, ademais da primeira persoa afectada, había un segundo operario ferido. Atopábase nunha zona de arboredo de difícil acceso, polo que foi necesario solicitar a intervención dos Bombeiros de Chantada para poder chegar ata el.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A pesar dos esforzos do persoal sanitario, nada se puido facer por salvar a vida dun dos traballadores.


A Garda Civil, tal e como apunta o 112 Galicia, indicou que se trataba dun accidente laboral. Segundo explicaron, catro traballadores estaban a colocar un cable de tensión nunha finca no momento no que o cable partiu ou se soltou, o que provocou que dous dos operarios caesen uns dez metros, resultando un falecido e outro ferido.

 
 
 

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page