top of page

Un mozo lanza pedras contra catro vehículos na AP-53 á altura de Silleda

Ecos da Comarca/Silleda

Un mozo, duns 20 anos, que presenta problemas de saúde mental foi trasladado a un centro sanitario despois de protagonizar un incidente onte na autopista AP-53, a altura de Silleda, dirección Lalín, onde chegou a lanzar pedras contra varios vehículos que circulaban pola vía. O 112 Galicia foi alertado preto das 21 horas.

Foto de arquivo.
Foto de arquivo.

Segundo informa a oficina de prensa da Garda Civil da Comandacia de Pontevedra, o mozo viaxaba no coche cos seus pais cando baixou do vehículo e comezou a lanzar pedras dende o arcén contra os coches que circulaban pola autopista, incluso tamén lanzou o seu móbil.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

En concreto, víronse afectados catro vehículos, pero de momento, ninguén presentou denuncia.


Ata o lugar desprazáronse a Garda Civil de Tráfico e unha ambulancia do 061 que trasladou ao mozo a un centro sanitario.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

**Nunha situación deste tipo é importante actuar con prudencia e non facer xuízos sobre a persoa. As crises psicolóxicas ou psiquiátricas poden ser momentos de especial vulnerabilidade nos que resulta fundamental contar cunha atención sanitaria adecuada e unha resposta profesional.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page