top of page

Un motorista resulta ferido tras sufrir unha caída coa moto que conducía en Aranga

Ecos da Comarca/Xeral

Un motorista resulta ferido tras sufrir unha caída coa moto que conducía en Aranga. Un helicóptero medicalizado desprazouse ata o lugar dos feitos.

Sucedeu ao fío das 19:00 horas desta tarde. A esa hora, un particular contactou co 112 Galicia para informar da caída dun motorista ao seu paso por Aranga, na AC-151, quilómetro 31.6, en Muniferral. O alertador indicaba que o ferido asemellada estar inconsciente.

 PUBLICIDADE

Desde o 112 Galicia informouse decontado ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que derivou ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela. 


Así mesmo, foron informados os axentes de Tráfico, os Bombeiros de Betanzos e o GES de Curtis.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Unha vez no punto, os membros do GES confirmaron ao 112 Galicia o traslado do ferido na aeronave, indicaron ademais que recuperara a consciencia.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page