Silleda rexistra outro accidente no que un vehículo chocou contra o muro dun cemiterio
Ecos da Comarca/Silleda
Un motorista perde a vida en Silleda. Sufriu unha caída cando circulaba pola parroquia de Escuadro. A alerta sobre o sinistro rexistrouse no 112 Galicia ás 10:20 horas desta mañá a través da chamada dunha persoa particular.

Decontado, avisouse aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pois, segundo o alertador, a persoa apenas respiraba. O equipo médico ía xa en camiño, en concreto unha UVI móbil. Sen embargo, nada puideron facer por salvar a vida do motorista, malia os intentos e manobras para a súa reanimación.
Pouco despois confirmaron o falecemento do único ocupante do vehículo implicado no sinistro.
Neste operativo participaron ademais da ambulancia do 061 de Lalín e unha UVI móbil tamén os axentes da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico.
Publicidade
Tal e como informan fontes oficiais trátase dun veciño de Boiro duns 45 anos que estaba xunto a uns compañeiros de ruta pola zona. Foi mobilizado o helicóptero do 061, pero debido á néboa non puido desprazarse.
Publicidade
Outro accidente
En Silleda houbo outro accidente pouco despois, no que resultou ferida unha persoa.
Ocorreu na EP-7201, cando o vehículo implicado saíuse da vía, sobrepasou a beirarrúa e bateu contra o muro dun ceminterio.
Interviñeron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os axentes da Policía Local, Garda Civil de Tráfico e Bombeiros do Deza.
Commentaires