top of page

Un lume forestal na parroquia de Arnego, en Rodeiro, afecta unhas 2 hectáreas

Ecos da Comarca/Rodeiro

Un lume forestal afecta este sábado á parroquia rodeirense de Arnego. Xa é o terceiro incendio que se produce neste municipio no que vai de semana.

Medios de extinción, hoxe, en Arnego. Autor: Ecos da Comarca.
Medios de extinción, hoxe, en Arnego. Autor: Ecos da Comarca.

Segundo os últimos datos proporcionados a este medio ás 18 horas pola Consellería de Medio Rural este lume iniciouse ás 16:15 horas deste sábado e quedou estabilizado ás 17:45 horas. A superficie afectada estimada ronda as 2 hectáreas.

 PUBLICIDADE

Na súa extinción participan 1 técnico, 3 axentes, 5 brigadas, 2 motobombas, 4 avionetas e 2 helicópteros. Os servizos aéreos xa se retiraron sobre as seis da tarde.


Como indicamos liñas máis arriba, este é o terceiro lume forestal que se orixinou neste concello nos últimos días. O pasado luns pola noite iniciouse un na parroquia da Portela que quedou extinguido o martes e calcinou 15,16 hectáreas e na madrugada de onte, produciuse un conato de incendio na parroquia de Camba.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de

teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade

delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page