A Xunta licita por máis de 3,2M€ a construción de 17 vivendas de promoción pública en Lalín
- ecosdacomarca

- hace 2 horas
- 1 Min. de lectura
Executáranse 10 de dous dormitorios, seis de tres dormitorios (unha delas adaptada para o seu uso por persoas con mobilidade reducida), e unha de catro dormitorios
Ecos da Comarca/Lalín
O Goberno galego construirá 17 vivendas de promoción pública no concello de Lalín, cun investimento próximo aos 3,3 millóns de euros, segundo acordou este luns o Consello da Xunta. As vivendas construiranse nunha parcela cedida de balde polo concello de Lalín e segundo o proxecto redactado por Germán Gómez Espejo.

O inmoble contará cun soto para garaxe, planta baixa destinada a unha vivenda adaptada para persoas con mobilidade reducida, rochos e cuartos de servizos e tres plantas máis destinadas a vivendas.
PUBLICIDADE

En total construiranse 10 vivendas de dous dormitorios, seis de tres dormitorios (unha delas adaptada para o seu uso por persoas con mobilidade reducida), e unha de catro dormitorios.
Publicidade
A obra licitarase por importe de 3.278.227,07 € aos que hai que sumar os 118.580 euros nos que se adxudicou o contrato de redacción do proxecto e dirección de obra. O financiamento corresponde na súa totalidade á Xunta de Galicia, sen existir cofinanciamento con fondos europeos ou estatais. Todas as vivendas construídas serán de promoción pública e terán cualificación permanente.







Comentarios