Unha nova edición da feira Artesanía de Galicia chega a Merza o 11 de abril
- ecosdacomarca

- hace 2 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O próximo sábado 11 de abril, coincidindo coa celebración dos Días Europeos da Artesanía, terá lugar unha nova edición da feira Artesanía de Galicia en Merza (Vila de Cruces), organizada pola Fundación Pública Artesanía de Galicia, dependente da Xunta, en colaboración con Eferro, no seu novo espazo de actividades culturais e lúdicas eferroGhalpón.

PUBLICIDADE

Na edición do mes de abril participarán A Casa Rodante, Enxogate, Nobelo a nobelo, tecidos, mercería Pipa Pirita, Roberto Buchanan, Lumecú, Sanín Percusión tradicional e Celso Ferreiro.
Publicidade
O horario será 11:00 a 15:00 e de 16:00 a 20:00 horas. E a sesión vermú correrá a cargo de Eris Mackenzie a partir das 13:30 horas e tamén haberá un posto de comidas a cargo de Fartura.







Comentarios