top of page

Un lume forestal afecta á parroquia silledense de Oleiros

hace 6 minutos
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Silleda

A Consellería do Medio Rural informou ás 8:23 horas de hoxe, venres 17 de setembro 2026, dun incendio forestal, activo arestora, que se rexistra no concello de Silleda, na parroquia de Oleiros.

Foto do incendio de Oleiros esta madrugada. (Fonte: grupo de WhatsApp).
Foto do incendio de Oleiros esta madrugada. (Fonte: grupo de WhatsApp).

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O lume iniciouse ás 22:49 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie que supera as 20 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 7 axentes, 8 brigadas, 11 motobombas e 2 pas.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de

teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre

incendios forestais activos en Galicia.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X: @incendios085.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page