O salón alimentario Salimat Abanca segue coa súa promoción en Zamora para participar en Fromago
Celebrará a súa vindeira edición do 3 ao 6 de xuño de 2027 en Silleda
Laura Moure/Silleda

O Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca, celebra a súa vindeira edición do 3 ao 6 de xuño de 2027 en Silleda. Unha cita para a que está a realizar xa unha intensa promoción. Ademais doutras accións de comercialización, a feira encadea estes días varios eventos incluídos na súa campaña de difusión. Se o luns e martes estivo presente no Auténtica Premium Food de Sevilla, cun espazo no stand da Consellería do Mar da Xunta de Galicia, dende onte está na Fromago Cheese Experiencie 2026, feira internacional que acolle queixos de toda España e tamén doutros países ata o domingo en Zamora.
O equipo da Feira Internacional de Galicia ABANCA encabezado polo seu director, Ricardo Durán, continúa así unha intensa semana de promoción, na que agora visitarán
ás distintas empresas presentes na Fromago Cheese Experiencia 2026 e atenderán o
stand co que contan na feira.
PUBLICIDADE
30º aniversario e edición Xacobeo
Salimat Abanca celebra o ano que vén unha cita especial. Ademais de ser o seu trinta aniversario como punto de encontro do sector alimentario e gastronómico, será unha edición especial Xacobeo, na que creará interesantes sinerxías co Ano Santo e incluirá
propostas específicas relacionadas con esta celebración e o Camiño de Santiago.
PUBLICIDADE
Este Salón Alimentario do Atlántico chega a 2027 apoiado por unha ampla traxectoria e
tamén polas cifras da súa pasada edición, na que acadou récord de expositores directos,
ao reunir 297 empresas e entidades.
PUBLICIDADE
Ademais, nos seus Encontros Internacional de Compradores propiciou preto de 1.200 reunións de negocio nas que 130 empresas mostraron os seus produtos a 31 importadores e distribuidores alimentarios de quince países. Unha presenza expositiva e uns encontros B2B que converteron a este salón nun foro de referencia que, xunto coa 48ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, recibiu a 109.480 visitantes.










Comentarios