top of page

Un incendio premonitor do que pode suceder se chega a instalarse Altri na Vacariza

Artigo do xeógrafo lalinense Antonio Presas


Antonio Presas, xeógrafo lalinense

En ECOS DA COMARCA compartimos este artigo autoría de Antonio Presas, xeógrafo lalinense.


UN INCENDIO PREMONITOR DO QUE PODE SUCEDER SE CHEGA A INSTALARSE ALTRI NA VACARIZA

ECOS DA COMARCA ESTIVEMOS ALÍ ESE DÍA. (Autor: Ecos da Comarca).
ECOS DA COMARCA ESTIVEMOS ALÍ ESE DÍA. (Autor: Ecos da Comarca).

"O venres, 4 de xullo de 2025, ás 16 horas, tivo lugar un gran incendio no almacén de colchóns localizado na parroquia de Marzá (Palas de Rei), nos exteriores dunha nave industrial, que provocou unha fumeira moi intensa e perfectamente visible desde puntos moi alonxados, que se extendeu ao longo duns 10 quilómetros.

As condicións meteorolóxicas nas que tivo lugar este incidente caracterízanse por corresponder a un día relativamente caluroso, no que a temperatura máxima rexistrada na estación meteorolóxica de Melide (a 10,6 Km de distancia) foi de 30,3ºC, con vento dominante de compoñente NL (vento que sopla en dirección NL-SO), de velocidade media baixa ou suave, 7,9 Km/h, é decir, 2,2 m/segundo.

Noutras estacións meterolóxicas cercanas ao foco emisor as condicións ambientais eran moi similares: Estación Vacaloura, a 10,5 Km de distancia (temperatura máxima 26,1ºC, velocidade vento 27 km/hora) e estación de Olveda, en Antas de Ulla, (temperatura máxima 29,2ºC, velocidade do vento 5,7 Km/hora). Un día típico do mes de xullo, dominado pola influenza do Mar Cantábrico.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O lugar no que se produciu o incendio, moi cerca do castro de Marzá, está unha altura de 580 metros e as estación meteorolóxicas atópanse a: Vacaloura 780 metros, Olveda 647 metros e Melide 477 metros.

Nestas condicións formouse unha extensa fumeira que se dispersou en "en forma boina ovalada" sobre as poboacións (aldeas) que se localizan ao SO do foco emisor, o almacén de colchóns incendiados.


Este é un exemplo prototipo do que pode suceder de forma permanente sobre os concellos de Melide, Toques, Arzúa, Santiso, Agolada, Monterroso, entre outros, cando chegue a funcionar a perigosa celulosa Altri, que emitirá gases tóxicos, a unha altura de 512 metros, pola súa elevada chimenea de 75 metros.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Exemplos coma este son moito máis visibles e reais que os modelos que se poidan propoñer para explicar, de forma teórica, a emisión e dispersión de gases da Celulosa que pretenden instalar nun dos lugares máis inapropiados de Galicia.


O que sucedeu o día 4 de xullo, cerca do Castro de Marzá, por causa do incendio no almacén de colchóns, é algo que se repetirá de forma inevitale na atmósfera desta zona cando funcione a "Peideira de A Vacariza" e domine unha situación de Norleste, "influencia cantábrica", propia dos meses de verán".


Antonio Presas, xeógrafo lalinense

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page