Un ferido leve nun accidente en Boimorto
- ecosdacomarca
- 10 jul 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Boimorto

Este mércores rexistrouse un accidente de tráfico en Boimorto. O 112 Galicia foi alertado por Urxencias Sanitarias ás 8:24 horas.
Publicidade
Tratouse dunha saída de vía na rotonda situada xunto a estrada de Arzúa, en concreto na AC-234, entre os quilómetros 7 e 8, tal e como informa o 112 Galicia. Saldouse cunha persoa ferida leve.
Publicidade
Ademais de Urxencias Sanitarias, o 112 Galicia deu aviso a Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil da localidade.
Comments