Un cazador resultou ferido tras recibir un disparo en Silleda
- ecosdacomarca
- 21 ene 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Silleda

Un cazador resultou ferido tras recibir un disparo en Silleda. O persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 informaba do accidente ao 112 Galicia, sobre as 17:15 horas desta tarde. Indicaban que o helicóptero medicalizado con base en Ourense, se desprazaba ata o campo da festa de Saídres, en Silleda, para recoller a un cazador que recibira un disparo cando se atopaba no monte, en Saídres.
Trátase dun mozo de 17 anos do municipio de Silleda. A ferida foi nun ollo.
Nada máis recibir o aviso, desde o 112 Galicia informouse á Garda Civil e á Policía Local.
Finalmente, segundo comunicaron os servizos sanitarios, o ferido foi trasladado por unha persoa particular ata o centro sanitario de Silleda.
Comments