top of page

Un camioneiro, localizado tirado a carón do seu vehículo en Lalín

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Lalín

Foto de arquivo.

O helicóptero medicalizado con base en Santiago tivo que prestar servizo este martes en Lalín, onde un camioneiro caeu do seu vehículo cando trataba de subirse a el. "Ou ao menos iso pensan os axentes da Policía Local, xa que ninguén chegou a presenciar o accidente. Ademais, o ferido, que era incapaz de moverse, atopábase tan nervioso que apenas podía explicar o que sucedera", informa o 112 Galicia.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Deste xeito, foi evacuado no helicóptero medicalizado con base en Santiago. Este suceso rexistrouse no 112 Galicia á unha desta tarde e localizouse na Rúa D do Polígono Lalín 2000.


"Quen chamou ao número único de emerxencias atopou ao camioneiro tirado a carón do seu vehículo e, malia que respiraba, parecía non reaccionar", indica o 112.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Con esta información, os xestores do 112 pediron a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos axentes da Policía Local e do Servizo Municipal de Protección Civil.



0 comentarios

Yorumlar


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page