top of page

Ulloa Viva denuncia o “engano dos 2.500 postos de traballo anunciados en Altri cando no DOG hai augas sanitarias na fábrica para 200 persoas"

A plataforma cuestiona o papel da Xunta, do Concello de Palas de Rei e de Altri

adicados a “mentir no canto de informar á veciñanza"


Ecos da Comarca/Xeral

A Plataforma Ulloa Viva denuncia o “engano que as administración e a propia empresa levan feito durante meses anunciando 2.500 postos de traballo na fábrica de Altri en Palas de Rei, cando segundo figura no anuncio do DOG do pasado 4 de marzo no proxecto presentado pola empresa só figura o tratamento de augas residuais sanitarias coa empresa en explotación cunha capacidade de 50 metros cúbicos ao día, o que quere decir 200 persoas segundo aparece publicado no DOG".

Autor: Ecos da Comarca.

Ademais explica que o “engano tamén se fixo no proceso de contrución da planta, que segundo destaca o DOGA prevé ese mesmo saneamento de augas sanitarias cun caudal de 350 metros cúbicos ao día, ou o que é o mesmo 1.500 persoas". A voceira da plataforma, Marta Gontá, sinala que estos novos datos arredor do proxecto de Altri en Palas de Rei “demostran unha vez máis que nos mentiron e seguen a mentirnos con anuncios na prensa que nada teñen que ver co que ao final aparece no Diario Oficial de Galicia”.


Diante destes datos “reais e oficiais” Ulloa Viva critica o proceder do alcalde de Palas, da

Xunta de Galicia e da empresa Altri "tentando enganar aos veciños e veciñas". “Lembrámoslles que grazas á educación pública sabemos ler e o proxecto en exposición pública no DOG ten os datos moi clariños”. A voceira da plataforma cuestiona especialmente o papel que está a desempeñar neste tema o alcalde de Palas, que “semella que traballa para a empresa e contra os veciños e veciñas”.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Marta Gontá pregúntase “por qué o alcalde de Palas ten uns currículums dirixidos a unha

empresa privada, e se fai selección previa segundo o seu criterio”. Ulloa Viva, á vista dos

datos oficiais presentados pola empresa e en exposición pública sobre o número de postos de traballo, recoméndalle ao rexedor “que se informe con datos oficiais antes de facer anuncios con cifras falsas e no canto de ir ao rexistro municipal a mirar o número e o nome dos veciños que presentan alegacións contra o proxecto”.


A Plataforma considera “gravísimo que un responsable político vaia ao rexistro municipal

para contar alegacións e mirar os datos dos veciños e veciñas que as presentan, protexidas ademais pola Lei de Protección de Datos". Ulloa Viva ten coñecemento de que no anterior periodo de alegacións á captación que Altri demanda de Augas de Galicia, moitos veciños e veciñas de Palas de Rei decidiron presentar as súas calegacións noutros concellos veciños “porque xa coñecen o proceder do alcalde de Palas”.


"Dende a Plataforma queremos deixarlle claro ao Concello de Palas, á Xunta e a Altri que “os veciños e veciñas non somos tontos e a pesares da falla de transparencia e información por parte de todos eles, nos estamos tomando a molestia de ler polo miúdo un proxecto que nos afecta a todos e todas nós, que vai afectar á nosa saúde, á nosa economía, ao noso medio ambiente e ao noso futuro e os dos nosos fillos e fillas”. Por iso, Marta Gontá pediulle ás administracións “que son as que deben velar por todos nós e o noso benestar, que deixen de mentirnos e tentar desinformarnos. Xunta e Concello de Palas Aínda están a tempo de volver ao sentido común e comportarse coma verdadeiras administracións ao servizo dos cidadáns”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"Un ano de mentiras"

A Plataforma lembra fai xusto un ano, en marzo de 2023 o entón vicepresidente primeiro da

Xunta e consellerio de Economía, Francisco Conde, aseguraba no Parlamento de Galicia

que este proxecto era “vital” para o país pola “posibilidade de crear 2.500 postos de

traballo”. Sete meses despois, o 27 de outubro de 2023, o conselleiro delegado de Acento Public Affairs, principal padriño da empresa lusa en Galicia, e exministro socialista de

Fomento, Pepe Blanco, explicaba nun acto organizado en Lugo a importancia deste

proxecto de Altri en Palas porque “vai xerar 1.500 empregos”. En só uns meses baixaba a

previsión da Xunta en 1.000 empregos menos coa chegada de Altri.


Ao mes seguinte, en novembro de 2023, o director do proxecto de Altri en Palas, Bruno Dapena, explicaba en varios medios de comunicación do país as bondades desta celulosa

para Palas de Rei, asegurando que “estimamos que cando opere a fábrica xenerará 500

empregos directos”. "Desta volta nun mes o globo de Altri perdía outros 1.000 postos de

traballo anunciados polos seus promotores. E agora, catro meses despois, enterámonos

polo Diario Oficial de Galicia que son 200 postos de traballo", recalca a plataforma.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page