top of page

Ulloa Viva anima a acudir á manifestación do día 22 de marzo na Pobra do Caramiñal

Ecos da Comarca/Xeral

Dende a Plataforma Ulloa Viva animan a todas as persoas a unha participación masiva o día 22 de marzo na Pobra do Caramiñal ás 12:00 horas, na manifestación convocada pola Plataforma en Defensa da Ría de Arousa co motivo do Día da Auga.

foto
A manifestación contra Altri celebrada en xuño en Compostela.

A Plataforma Ulloa Viva apela á participación nesta manifestación "para defender o territorio, a vida, o pasado, o presente e o futuro das nosas fillas. Neste 22 de marzo, acompañaremos á Plataforma en Defensa da Ría de Arousa para reclamar entre outras cousas a protección do marisqueo fronte aos proxectos extractivistas que pretenden asoballar os recursos naturais dos que dispoñemos. Non debemos esquecer que a macrocelulosa de Altri non devolvería ao Ulla auga limpa, faríao xunto con nitratos, fosfatos, sulfatos, nitróxeno, fósforo ou amonio (entre outros)".


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Unha gran cantidade de compostos orgánicos, apuntan, "que acabarían na ría. Unha ría que, a día dehoxe, xa sofre unha severa incapacidade de renovación de osíxeno na auga. Encheremos de novo por terra e mar as rúas para reclamar que o proxecto Gama suporá un desastre a todos os niveis, ambiental, social, económico e natural. Todas á rúa o 22 de marzo. Dende a Ulloa ata a Ría, terra, auga e aire son vida! ALTRI NON!".


Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page