top of page

Cinco ovellas mortas e outras feridas nun ataque atribuído aos lobos en Dozón

hace 4 minutos
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Dozón

Unhas cinco ovellas morreron e outras resultaron feridas nun ataque que, segundo o testemuño do seu dono, sería obra dos lobos. O suceso ocorreu na noite do pasado luns en Cardelle, no concello de Dozón, cerca das vivendas.

Os animais afectados en Dozón.
Os animais afectados en Dozón.

Este veciño relata que arredor das once da noite escoitou as ovellas berrar e os cans ladrar. Ao saír cun foco para comprobar o que estaba a suceder, asegura que viu os lobos na zona. Segundo explica, algúns dos animais conseguiron escapar, aínda que outros quedaron feridos e poderían ter que ser sacrificados.


O propietario dos animais, afeito á actividade cinexética, afirma que a presenza do lobo nesta contorna non é algo illado e asegura que hai poucos días chegou a ver ata cinco exemplares.

 PUBLICIDADE

A súa preocupación vai máis alá dos danos no gando. Lembra que hai aproximadamente tres meses, cando paseaba cos seus fillos por unha zona próxima a unhas granxas, un lobo seguiu os cans, provocando o medo dun dos nenos. Segundo relata, tivo que berrarlle ao animal para que se afastase.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

"Ao final, os que temos gando somos os que o sufrimos. Está ben que os boten, pero que lles dean de comer", lamenta o veciño, que considera "necesario prestar máis atención a esta problemática e ás consecuencias que a presenza do lobo ten para as explotacións gandeiras e a tranquilidade das familias do rural".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page