UCIN insta a coordinar os horarios do transporte público coa chegada de voos no aeroporto de Santiago
- ecosdacomarca
- 4 oct 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral

Unión de Ciudadanos Independientes (UCIN) sinala que residentes e visitantes expresaron a súa preocupación pola necesidade de coordinar os horarios do transporte público, coa chegada dos voos no aeroporto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela. "A falta de autobuses e a descoordinación, sobre todo nos horarios coa chegada dos últimos voos, están a causar serios inconvenientes tanto aos usuarios como aos taxistas que contactaron con UCIN Galicia (Unión de Cidadáns Independentes) para expresar a súa frustración".
Sinala que un caso emblemático é o de Pepe, que regresou nun voo Madrid-Santiago o pasado 27 de setembro ás 1:25 horas só para atopar que non había autobuses nin taxis dispoñibles, chegando á súa casa de Santiago, pasadas as 3 da madrugada. "Esta situación deixaba á maioría dos viaxeiros procedentes dese voo, moitos deles persoas maiores, nunha posición vulnerable".
Publicidade
"Este problema non é recente, vén sucedendo desde hai anos, sen que ningún dos distintos grupos de goberno municipal, poña remedio a tal situación". José Luis Calo, coordinador de UCIN Galicia, comenta que “esta experiencia pódese comparar con ser abandonado no medio do deserto, xa que é extremadamente difícil conseguir un taxi a esas horas” e, “instamos á alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín (BNG), a que cumpra as súas promesas de cambio e diálogo e adáptese ás novas realidades que afectan os nosos veciños. É esencial abordar estas problemáticas con seriedade e compromiso”.
Comentarios