UCIN Galicia subliña que "Galicia merece un futuro limpo, non tóxico"
- ecosdacomarca

- hace 3 horas
- 2 Min. de lectura
Insiste en que "a extracción e refinado das terras raras está catalogado internacionalmente como un dos procesos máis contaminantes do mundo"
Ecos da Comarca/Xeral
UCIN Galicia sinala que "Galicia merece un futuro limpo, non tóxico". "Nos últimos anos escoitamos falar cada vez máis das chamadas terras raras, uns minerais imprescindibles para fabricar aeroxeradores, coches eléctricos, móbiles ou calquera dispositivo tecnolóxico moderno. A Unión Europea quere asegurar o seu abastecemento e, nese contexto, Galicia apareceu no mapa como posible territorio para extraelos e refinarlos.
E aquí é onde temos que falar claro. A idea de converter Galicia nunha especie de meca
da minería “verde” pode soar ben nos titulares, pero detrás dese envoltorio hai unha
realidade moi distinta: isto non é unha transición ecolóxica, isto é Lixo Sucio", recalca.

A extracción e refinado das terras raras, apunta, "está catalogado internacionalmente como un dos procesos máis contaminantes do mundo. Non se trata só de buracos na terra. Fálase de lodos tóxicos, augas contaminadas por ácidos e, o máis preocupante, residuos radioactivos ligados a minerais como o Torio e o Uranio. Basta mirar a experiencia
doutros países para saber o que pode pasar: acuíferos inutilizables, solos degradados e
ecosistemas arruinados durante xeracións".
Publicidade
E en Galicia, sinala, "isto tería un impacto directo no que somos e no que vivimos: a pesca, o marisqueo, o rural, o turismo, as rías... Todo o que nos identifica e que dá traballo e
dignidade a miles de familias. Non podemos permitir que nada poña en risco a saúde
das nosas augas nin da nosa terra. Porque, se iso cae, cae todo o demais. A Xunta insiste na creación de emprego como gran argumento. Pero a realidade é que esta minaría está altamente mecanizada e xera moi poucos postos de traballo. Ademais, serían empregos en condicións de alta perigosidade, mentres os beneficios reais acabarían en mans de grandes empresas de fóra. Galicia quedaría co risco, coa contaminación e co prezo ambiental e sanitario. Outros quedarían coa riqueza".
Publicidade
E todo isto, salienta, "cando existe unha alternativa moito máis intelixente e realmente “verde”: apostar en serio pola economía circular e o reciclaxe tecnolóxico. Os residuos
electrónicos, as turbinas eólicas en desuso, os motores antigos de vehículos eléctricos...
aí é onde está a verdadeira mina do século XXI. Recuperar eses materiais de maneira
limpa, con tecnoloxía de precisión, creando emprego cualificado e sostible, situando a
Galicia na parte alta da cadea de valor e non no fondo da contorna contaminante.
O camiño non é escavar Galicia. O camiño é innovar, investigar, reciclar e crear valor
sen destruir o que nos fai únicos".
Porque ao final, subliña, "todo redúcese a algo moi sinxelo: Galicia non é un almacén de materias primas nin unha zona de sacrificio. É a nosa casa, o noso futuro e o legado que
deixaremos. E ningún proxecto que ameace a saúde da xente nin os nosos sectores tradicionais pode ser aceptado. Por iso dicimos alto e claro: non ao Lixo Sucio. Galicia merece unha transición verde de verdade, non un paripé que pon en risco o que máis queremos".








Comentarios