top of page

O alcalde de Palas destaca que o orzamento da Xunta 2027 contempla 2 grandes inversións para o concello

hace 2 horas
2 min de lectura

Ecos da Comarca/Palas de Rei

“Palas de Rei volve a saír ben parada nas cifras macro do Orzamento da Xunta de Galicia para o 2027”, tal como destaca o seu alcalde, Pablo Taboada. Este municipio contará con 4,2 millóns de euros nos Orzamentos da Xunta de Galicia para 2027 destinados a dúas actuacións estratéxicas para o municipio: a renovación dos 9,3 quilómetros pendentes da estrada LU-231 e a terceira fase de ampliación do parque empresarial, que permitirá incrementar a superficie dispoñible e acoller novas actividades, como a ITV Comarcal.

Pablo Taboada, alcalde de Palas de Rei.
Pablo Taboada, alcalde de Palas de Rei.

Así por unha banda, o ente autonómico destinará 2 millóns de euros para o acondicionamento dos 9,3 quilómetros pendentes da LU-231 no tramo que conecta Friol con Palas de Rei. Dita actuación permitirá completar a renovación integral dos 18,7 quilómetros desta carretera que permite enlazar a A-54 en Palas coa A-6 en Begonte.


A Xunta de Galicia tamén reserva 2,2 millóns de euros para a terceira fase do parque empresarial de Palas de Rei que fará medrar a súa superficie dispoñible e acoller novas actividades como a ITV Comarcal.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Tal é como confirma o rexedor “a Xunta xa pagou neste 2026 a expropiación dos terreos do parque empresarial palense e agora Xestur iniciou, en días pasados, o trámite de contratación das obras do proxecto de urbanización e electrificación da III fase do polígono de Palas”, traballos que se licitan por un importe de 2.040.251 millóns de euros e terán un prazo máximo de execución de 12 meses. Trátase dun procedemento aberto, enmarcado na ampliación do Polígono pola alta demanda de solo empresarial no municipio, co obxectivo de realizar os traballos necesarios para poner a disposición dos interesados unha superficie de solo industrial de máis de 20.000 metros cadrados, distribuidos en 17 parcelas (incluídas industriais e equipamento). A superficie máxima a ocupar é de 39.926 metros cadrados contando equipamento, zonas verdes e viario.


Ademais disto, o rexedor palense amosa a súa satisfación pola aportación da Xunta de Galicia ó mantemento e creación de prazas concertadas de residencias e centro de día no municipio que suman máis de 700.000 euros neste 2027.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Tamén destaca a aportación da Xunta nos diferentes Plans e Programas integrados de Emprego, 350.000 euros (dos cales 200.000 euros son para Obradoiros de Emprego e 150.000 para Plans e Programas Integrados de Emprego). Ademais, destaca a importancia das inversións da Xunta de Galicia na rexeneración e mellora de camiños e vías no rural do municipio como “piar básico e moi aproveitable para poder manter os servizos ás nosas parroquias e aldeas”, conclúe o mandatario.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page