A VIII Andaina contra a Violencia de Xénero o Castelo de Pambre será o 21 de novembro
É necesario inscribirse previamente
Laura Moure/Palas de Rei
Con motivo da conmemoración do 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o día 21 dese mes, sábado, vaise a realizar a “VIII Andaina contra a Violencia de Xénero o Castelo de Pambre”, unha actividade colectiva na que se pretende mezclar deporte e solidaridade, así como visibilizar dito problema social e manifestar a nosa implicación e compromiso na loita contra o mesmo.

As persoas participantes saíran as 11:00 horas de diante do Concello de Palas de Rei, situado na Avenida de Compostela, nº 28, e percorrerán os 8 quilómetros que separan a Praza do Concello do Castelo de Pambre pasando polas parroquias do Carballal, Curbián, A Ulloa e Sambreixo, para rematar no Castelo de Pambre, emblema deste municipio e da Comarca da Ulloa, co lema Palas de Rei di NON á violencia de xénero, co que se pretende denunciar a violencia de xénero nas súas diferentes manifestacións, amosar a repulsa e rexeitamento contra esta lacra social e sensibilizar sobre a importancia de valores como o respeto e a igualdade entre homes e mulleres.
PUBLICIDADE
Dende o CIM de Palas anímase á participación cidadá, tanto de asociacións, colectivos, como de toda a veciñanza, non só de Palas de Rei, senón que tamen doutros concellos, a que se unan nesta andaina reivindicativa, o día 21 de novembro en Palas de Rei. Os participantes deberán inscribirse previamente na dependencias do Concello ou no Centro de Información a Muller de Palas e a inscicción é gratuíta. Poden facelo a través dos seguintes teléfonos 982 380 003 (CIM) ou 629 324 528 (Cultura). Unha vez concluída a andaina no Castelo de Pambre, a organización dispón, de transporte gratuíto que trasladará aos participantes ao punto de inicio da andaina, é dicir, diante do Concello de Palas de Rei.
PUBLICIDADE
"Este ano contamos como socio colaborador desta andaina o grupo empresarial Jim Sport, sita en Palas de Rei, expresando así o seu compromiso co deporte e coa igualdade e que suma os seus esforzos na consecución do logro dunha sociedade libre de violencia de xénero", sinalan dende o Concello.









Comentarios