Tres días de aulas baleiras no Mestre Pastor Barral de Melide para esixir un docente máis
A mobilización continuará o luns
Laura Moure/Melide
A mobilización impulsada pola ANPA Camiño Real do CEIP Mestre Pastor Barral de Melide pecha os seus primeiros tres días cun resultado que as familias consideran un éxito: o 100 % do alumnado matriculado no centro secundou a protesta e non acudíu ás aulas para reclamar á Consellería de Educación a cobertura da praza de profesorado que demandan.

Durante estas tres xornadas, familias e comunidade educativa concentráronse ás portas do colexio para reclamar unha solución ante a falta dun profesor e defender que o alumnado poida contar cos recursos educativos que lle corresponden.
PUBLICIDADE
A resposta das familias foi maioritaria e permitiu manter a mobilización durante os tres primeiros días do curso, cunha participación total do alumnado na protesta.
PUBLICIDADE
Lonxe de dar por rematada a reivindicación, as familias anuncian que as mobilizacións continuarán o vindeiro luns, mantendo a súa demanda ante a Consellería de Educación para que se cubra a praza e se poña fin a unha situación que, segundo denuncian, está a afectar ao normal funcionamento do centro e ao alumnado.

NOTICIAS RELACIONADAS:
A ANPA e os pais do CEIP Mestre Pastor Barral de Melide concéntranse mañá ante a falta de docentes: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-ceip-mestre-pastor-barral-de-melide-convoca-para-o-9-unha-xornada-de-protesta-pola-falta-de-profes
Vídeo do primeiro día da mobilización: https://www.facebook.com/reel/1632942528312732









Comentarios