top of page

A ANPA e os pais do CEIP Mestre Pastor Barral de Melide concéntranse mañá ante a falta de docentes

Ecos da Comarca/Melide

A ANPA Camiño Real e os pais e nais do CEIP Mestre Pastor Barral de Melide preparan para este mércores, 9 de setembro, e aproveitando o inicio do curso escolar, unha xornada de mobilización para reclamar a cobertura dos postos docentes necesarios no centro.


Baixo o lema “Non mandes os nenos e nenas ao cole”, a convocatoria está prevista a partir das 8:30 horas e pretende visibilizar a situación que, segundo denuncian desde o centro, está a afectar aos apoios que precisa o alumnado.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O motivo principal da concentración é protestar pola decisión da Consellería de Educación de non cubrir a praza do mestre de Francés.


Isto supón, segundo as familias:

  • Un docente menos no centro.

  • Que os 23 alumnos de 3º de Primaria teñan unha titoría compartida entre a directora e os profesores de Música e Educación Física, en lugar de contar cun titor propio.

  • Menos apoios para todo o alumnado de Primaria, especialmente para os nenos e nenas con necesidades educativas especiais. Cabe mencionar que este centro atende arredor de 180 alumnos e é de referencia na comarca para escolares con necesidades educativas especiais. En concreto, hai aulas con ata cinco alumnos con necesidades específicas, polo que a ANPA considera que os recursos actuais son insuficientes.

     PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

En resumo: as familias reclaman que se cubra a praza de docente que queda vacante para garantir unha atención educativa adecuada e os apoios que necesita o alumnado. Por iso convocan a concentración ás 8:30 horas diante do colexio, chamando á participación de toda a veciñanza de Melide.


Farán unha concentración pacífica cortando ao tráfico a rúa Camiño Real, onde está o centro. A partir dese día, segundo vaian vendo o apoio e a xente que a secunda, a idea é seguir sen mandar á cativada ao centro e facendo concentracións diante do mesmo.

A convocatoria chega no inicio do curso escolar e pon o foco na necesidade de dotar o centro dos mestres necesarios para atender ás necesidades do alumnado.

Comentarios

No se pudieron cargar los comentarios
Parece que hubo un problema técnico. Intenta volver a conectarte o actualiza la página.
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page