Ecos da Comarca/Xeral
Trasladado en helicóptero un home ao que embestiron unhas vacas en Boiro, tal e como informa o 112 Galicia. Os feitos ocorreron en Enseño, na parroquia de Cures, e o ferido foi evacuado ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

O 112 Galicia tivo constancia contra as 11 horas, a través do relato dun veterinario que traballaba no lugar: estaba a vacinar unhas vacas cando estas botaron a correr, arremetendo contra o implicado, que ficou inconsciente.
Publicidade
De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos axentes da Garda Civil e á Policía Local e ao Servizo Municipal de Protección Civil de Boiro.
Publicidade
Nese momento, os servizos sanitarios indicaron que estaban a enviar unha dotación a bordo dun helicóptero medicalizado, que se encargou de trasladar ao ferido ao centro hospitalario compostelán.
Comments