Milleiros de persoas concéntranse contra as celulosas de Ence e de Altri
- ecosdacomarca
- hace 2 días
- 4 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
A Plataforma Ulloa Viva celebrou onte, 1 de xuño, outra xornada histórica de mobilización cidadá, sumándose á Marcha Contra as Celulosas xunto coa Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa. Milleiros de persoas saíron á rúa para lanzar unha mensaxe clara e contundente: "Galicia non quere máis celulosas".
A marcha saíu simultaneamente das alamedas de Marín e Pontevedra pasados uns minutos das 12 horas para acabar encontrándose diante fábrica de celulosa de Ence. Alí procedeuse á lectura dun manifesto por parte de Inma Rodríguez (mariscadora da PDRA), Almudena Vidal (membro da Plataforma Ulloa Viva) e Antón Masa (presidente da APDR).
"Dende a Ulloa, expresamos o noso fondo agradecemento polo apoio recibido e a forza compartida neste día. A participación masiva da sociedade galega demostra que non estamos dispostas a permitir que se repita na Ulloa o desastre ambiental e social que leva décadas sufrindo a Ría de Pontevedra por mor da presenza de ENCE", sinala Ulloa Viva.

"Reivindicamos un modelo económico alternativo, baseado no respecto polo medio, en empregos limpos e sostibles, e na valorización dos nosos recursos naturais. Nin ENCE na Ría, nin ALTRI no corazón da Ulloa. Non queremos que o río Ulla se converta nunha cloaca industrial. Querémolo como o que é: fonte de vida, riqueza e identidade".
E recalca a plataforma que "a pretendida instalación dunha macrocelulosa en Palas de Rei, promovida por ALTRI coa complicidade da Xunta de Galicia, é un atentado contra a vontade popular, contra o medio ambiente e contra o futuro das nosas comarcas. Sen
consenso social, sen garantías ambientais e sen transparencia, esiximos que se rectifique esta decisión, porque aínda están a tempo de escoitar á cidadanía. Desde a Plataforma Ulloa Viva reiteramos o noso compromiso: seguiremos na rúa, nos tribunais e onde faga falta para deter este proxecto. Defendemos unha Galicia viva, digna e sustentábel. A marea de dignidade que hoxe percorreu as rúas demostra que o pobo galego está en pé. Nin Ence na ría nin ALTRI na Ulloa!".
Publicidade
A Plataforma Mina Touro-Pino Non tamén se sumou a esta marcha.
"Hoxe (por onte) ó berro de Nin ENCE na Ría, nin ALTRI na Ulloa, sumamos un ano máis o de nin Mina en Touro. A asociación ambiental e cultural “Mina Touro O Pino Non” apoia un ano máis a mobilización da Asociación pola defensa da ría de Pontevedra á que se une a Plataforma Ulloa Viva".
Maís de 135.000 toneladas de residuos non perigosos se depositan cada ano nos terreos da mina de Touro dende hai décadas, procedentes de lodos de depuradoras, restos de matadeiros, mesturados con cinzas e restos forestais, producindo nausebundos olores nas aldeas do entorno da mina, incumplindo así as condicións nas lle foi autorizada a actividade, e con filtracións ás augas subterráneas.
A 200 metros deses terreos están as vivendas dos veciños e veciñas, e mesmo a estrada por onde circulan os camións que os trasladan ciculan por diante das casas da xente que vive nestas parroquias de Touro e O Pino: Santa Irene, Cebreiro, Fonte Díaz, Loxo, Bama, son as máis afectadas por esta situación, ben polo tránsito dos camións cheirentos ou polo acopio dos lodos en pilas polos terreos da mina ou na propia nave de recollida dos mesmos. En eso consiste a chamada restauración dos terreos da mina degradada pechada a finais do anos 80 do século pasado.
Qué ten que ver esto con ENCE ou con ALTRI? Nestas terras unha parte dos terreos que foron ocupados pola mina aplicáronlle un mal chamado “plan de restauración” plantando eucaliptos para ENCE en casi 200 hectáreas de terreos e nos outros terreos deposítantes ese lodos, residuos e cinzas traidos dende ENCE, e previsiblemente o operador autorizado máis cercano da futura ALTRI, tamén podería estar aquí, polo que seguiríamos sendo a cloaca da pasteteira pero xa non solo dunha, senón de duas macro pasteiras.
O proxecto de reapertura da mina que está en estudo abarcaría casi catrocentas hectáreas máis de terreo do que ocupara a anterior mina pechada e desmanteladas en 1988, nos documentos que presentou a información pública continúa a plantexar o depósito dos lodos tratados- o que denomina tecnosolos- como a medida de restauración ambiental das terras mineiras degradadas, estaríamos seguramente de multiplicar por tres a cantidade de residuos que se tratarían aquí: ENCE, ALTRI, MINA e resto de depuradoras de augas das grandes cidadades, matadeiros, etc, virían a esta terra de sacrificio e o venden como unha oportunidade de negocio e que creará valor engadido a este territorio, non pensamos o mesmo, esta non é maneira de atraer poboación a esta terra nin de poñela en valor.
Unha actividade económica que lle solucciona un problema de residuos á Administración que ten sin resolver, sin deterse ou querer indagar o grave problema ambiental que xenera nas terras de Touro e O Pino e o grave problema para benestar e saúde das persoas que vivimos aquí.
Hoxe o berro continua, nin Altri na Ulloa, nin Ence na ría, nin mina en Touro".
Xunta directiva Asociación Mina Touro O Pino Non
Nos vindeiros días publicaremos vídeo da concentración.
Comentarios