top of page

Touro contratará a 8 traballadores, duplicando a cifra do ano anterior, ao abeiro do Programa PEL-Concellos

As contratacións realizaranse mediante o sistema de oposición, e xa está aberto o prazo de solicitude, e permitirán reforzar a execución de obras e servizos municipais


Ecos da Comarca/Touro

O Concello de Touro aprobou as bases e a convocatoria dun proceso selectivo para a contratación temporal de oito persoas traballadoras a xornada completa durante nove meses, no marco do Programa PEL-Concellos 2026 da Deputación da Coruña. Dita contratación está financiada pola Deputación e cofinanciada polo Concello.

As contratacións realizaranse mediante o sistema de oposición e permitirán reforzar

a execución de obras e servizos mínimos municipais. As solicitudes presentaranse

no Rexistro Electrónico Xeral do Concello no prazo de 10 días naturais contados a

partir do seguinte ao da publicación do anuncio. (O anuncio saíu publicado no

Boletín Oficial da Provincia da Coruña do pasado 25 de febreiro

As bases completas tamén se pode consultar no taboleiro electrónico do Concello

de Touro.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Os postos ofertados son:

● 4 prazas de operario/a de obras públicas

● 2 prazas de operario/a de xardinaría

● 1 praza de albanel oficial de 2a

● 1 praza de tractorista


Todos os contratos serán a xornada completa (100%) e terán unha duración de nove meses, cunha data límite de finalización fixada no 31 de decembro de 2026.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

O programa está financiado pola Deputación da Coruña ( e cofinanciado polo Concello) e ten como obxectivo apoiar aos concellos na prestación de servizos básicos municipais, incluíndo mantemento de vías públicas, limpeza, conservación de espazos verdes e pequenas obras de reparación en infraestruturas municipais. “O Concello fixo un esforzo importante duplicando o número de persoal a contratar para formar parte das brigadas de obras cunha achega económica importante do Concello. Isto tamén se suma a que, despois de moitos anos, presentamos unha solicitude para volver dispoñer dun obradoiro de emprego formativo en Touro, polo que estamos apostando polos programas de emprego e por ter persoal propio para poder executar obras”, salienta o goberno local.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page