top of page

Comezan as obras para converter a Casa do Lagoeiro de Arzúa nunha vivenda de emerxencia social

hace 6 minutos
2 min de lectura

Contempla unha nova distribución dos espazos interiores, a renovación das instalacións de electricidade, fontanería e saneamento, melloras no illamento térmico e equipamento


Laura Moure/Arzúa

O Concello de Arzúa iniciou as obras para converter a Casa do Lagoeiro nunha vivenda de emerxencia social, tras a adxudicación dos traballos por un importe de 89.875,61 euros, IVE incluído. A intervención permitirá adaptar o inmoble ao seu novo uso mediante a reorganización dos espazos interiores, a renovación das instalacións e a mellora das súas condicións de habitabilidade.

O proxecto contempla unha nova distribución das estancias, coa construción de divisións de ladrillo na zona dos aseos e de tabiques de placas de xeso laminado no resto dos espazos. Para executar esta reorganización, retiraranse os elementos e instalacións existentes nas zonas afectadas.


Unha parte importante da actuación centrarase na renovación das instalacións de electricidade, iluminación, telecomunicacións, fontanería, saneamento, ventilación, calefacción e auga quente sanitaria, que deberán adaptarse á nova distribución da vivenda.


Melloras na eficiencia enerxética e no acondicionamento interior

As obras incluirán tamén a mellora do illamento térmico do edificio mediante a instalación de trasdosados interiores e falsos teitos illados.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

As carpinterías exteriores conservaranse polas súas boas características térmicas e recibirán os tratamentos necesarios para o seu mantemento. Ademais, substituirase a porta traseira por unha ventá fixa e instalaranse as novas carpinterías interiores. Os traballos completaranse coa pintura dos paramentos interiores e a renovación dos pavimentos nas zonas afectadas pola redistribución.


Finalmente, instalaranse os equipamentos necesarios para o uso da vivenda, entre eles inodoro, lavabo, ducha, mobiliario de cociña, fregadeiro, vitrocerámica e frigorífico.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Un novo recurso para atender situacións de emerxencia social

A finalidade desta actuación é dotar o Concello de Arzúa dunha vivenda de emerxencia social que permita dar resposta a situacións nas que persoas ou familias precisen unha alternativa habitacional urxente. Deste xeito, o municipio contará cun recurso para atender necesidades de aloxamento vinculadas a situacións de especial vulnerabilidade.ua

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page